No principio…

Pettit Suisse + face + enjoy the streets

A primeira foto de street art que tirei.

Marzo de 2005, Passeig de Saint Joan, Barcelona. Paseando sen rumbo (unha das cousas das que máis gusto cando viaxo) empecei a fixarme que os sinais, os semáforos, as caixas eléctricas, todo, estaba inzado de pegatinas. Mais non eran pegatinas calqueras, tiñan un aquel… Aí empezou todo. Aí empezou a miña afección polo street art e que provoca que vaia mirando para todos lados mentres camiño pola rúa e a xente teña que andar agardando por min, que ando tirando fotos a sabe Deus o que. E que o 70% das miñas fotos de viaxe sexan irrelevantes para a maioría da xente.

Neste bló intentarei ir ordenando un pouco todo o material que levo fotografiado nestes máis de 4 anos, poñendo as mellores pezas e falando un pouco disto do street-art, o graffiti, etc.

Espero que gustedes polo menos tanto coma min!

E sei que é unha tarefa inxente, mais sería interesante irlle atopando autores a cada unha destas obras.

Advertisements