Category: Amigos de viaxe

Non deixedes de mirar as paredes (III)

O popular molde ca frase de Roberto Galán na Avenida Buenos Aires (Santa Cruz de Tenerife, España)

Sei que está sección chámase “Amigos de viaxe”, pero nela tamén hai sitio para xente que non está precisamente de viaxe, senon máis ben que pertencen a eses milleiros de galegos que teñen que emigrar para atopar traballo.

Nesta ocasión o compañeiro louBáM envíame estes moldes dende Santa Cruz de Tenerife e promete que en breve mandará máis e con mellor calidade. Aquí estaremos agardando.

Hay que besarse más’, Avenida Buenos Aires (Santa Cruz de Tenerife, España)

‘Sacudete los tyranos’, Avenida Buenos Aires, Santa Cruz de Tenerife (España)

Advertisements

Non deixedes de mirar as paredes (II)

Máis unha nova entrega desas fotos que traen os meus amigos das súas viaxes. Porque xa sabedes que os meus amigos acórdanse de min cando vén algo pintado ou pegado nas paredes.

No 2008 Pablo e Vir foron a Chicago (EUA) a unha voda e do parque Lincoln trouxéronme este sinxelo molde dun cartoon con cara de boxeador.



Molde de cara estilo cartoon (Chicago, EUA)

Esta parella viaxeira tamén para moito pola capital do Imperio Pequeno, e de alí trouxéronme estas tres mostras da súa última visita en 2009.



“O seu control é a súa seguridade” de Frágil, Calle Embajadores (Madrid, España)

A finais do ano pasado os artistas Frágil, E1000ink, Ring e Sakristán encheron as rúas do madrileño barrio de Lavapies ca súa arte (colados e graffitis) para protestar pola instalación de cámaras de videovixilancia.
Este é o texto que escribiu Frágil para a ocasión:

¡50 nuevas cámaras velan por su seguridad!

Nos espeta en la cara el ayuntamiento mientras los medios de comunicación cacarean de gozo asintiendo conformes. Nosotros los ciudadanos (al parecer) aplaudimos complacidos, nos sentimos mas seguros y consumimos más. Además agradecemos al magnánimo concejo concedernos nuestros ruegos a esta escala monumental.

Y pensando en todo esto uno no puede evitar imaginar al mediatico señor alcalde como maestro de ceremonias presentando su creación, ataviado de jefe de pista, sombrero de copa, chaleco, y adornado de dorado, anunciando a voz en grito:

¡Adelante, Adelante! ¡Bienvenidos damas y caballeros, al maravilloso mundo ideal, crucen sin miedo la puerta hacia el reino de la felicidad, dejen sus sombreros colgados del perchero y acomoden sus vidas a la ciudad mágica del control!

¡Aquí sus sueños son los nuestros y nosotros velamos por que se hagan realidad, les aseguramos el éxito, ante todo… material. Deje de lado las procupaciones, pensaremos por usted, no existe el miedo en este lugar aquí reina la normalidad, encienda su televisor y disfrute de las vistas!! Está usted gozando del gran circo consumista!

Y es que en este mundo reluciente, libre e inmediato, el espectaculo orweliano debe continuar, aquí la guerra es la paz, la libertad es la esclavitud, la ignorancia es la fuerza y por supuesto, su control es su seguridad.”

Para saber máis e ver máis imaxes daquela acción: Escrito en la pared, Alberto de Pedro.



Chimpancé pensando de NOAZ, molde en Calle de Augusto Figueroa (Madrid, España)


Can negro, en vinilo? (Madrid, España)

E ata aquí chega esta nova entrega de “Non deixedes de mirar as paredes”. Agardo que os meus amigos sigan viaxando e atopándo máis mostras de arte urbana.

Non deixedes de mirar as paredes

Os que me coñecen xa están acostumados a que canda catro pasos pare a tirarlle unha foto a unha pegatina, unha pintada, un graffiti, calquera cousa que vexa nunha parede, unha farola ou nun sinal. E por iso, cando van de viaxe polo mundo acórdanse de min mirando as paredes e demáis. Bonito, va que si?

Mariño estivo de viaxe por Polonia e Ucrania no verán do 2007. E de Ucrania me trouxo estas tres mostras de arte urbano:



Moldes de caras e letras en varias cores nunhas portas metálicas. Fai clic na imaxe para ver as traducións. (Lviv, Ucraína)



Parella de vellos nun mural feito ca técnica clásica da cuadrícula para copiar fotografías e outras imaxes. Fai clic na imaxe para ver a tradución (Lviv, Ucraína)



The Lovers de René Magritte (Lviv, Ucraína)

Este verán Antonio estivo por Mali e de alí tróuxome estes dous recordos das paredes. Concretamente da cidade de Tumbuctu.



Molde ó máis puro estilo Che Guevara. Que ou quen será B. Laraw? (Tumbuctu, Mali)



Pegatina do movento civil estadounidense Move On. Alguén en Tumbuctu tamén se fixo eco da vitoria de Barack Obama (Tumbuctu, Mali)

Esta é unha primeira mostra do que os meus amigos van atopando polo mundo adiante nas súas viaxes. Porque non hai recuncho no mundo onde non se pinte nas paredes e similares.