Category: Fóra das rúas

Exposición de Liqen en Porto


Cartaz da exposición de Liqen en Porto.

O día 6 de novembro, ás 16:00, inaugúrase na galería ArtHobler de Porto (R/ Miguel Bombarda, 624 Non ten perda, que está a menos de 10 minutos andando de onde che deixa o Alsa), con petiscos e todo, unha exposición de Liqen, na que amosará o seu traballo do último ano.

Acostumados ao ver na estratosfera, pegado aos muros e paredes de qualquer civilização…, Liqen, um simbionte doutra galáxia, brinda-nos, por vez primeira, a posibilidade de contemplar a obra creada na sua nave-estúdio.

Nesta ocasião, Liqen, fabrica cos seus flagelos pezas reinadas pela inspiração, coma um pião que ao girar partilha os seus universos cíclicos, a sua relatividade, os seus influxos, e que em contadas ocasiões aterram na loucura… adivinhando sobre as manchas e acertando na alquimia, quando essas manchas convertem-se em debuxo, com uma linha incisiva e transformadora.

Uma ciência fricção, homeopática, capaz de embalsamar o tempo…

A convocatoria no blogue de DesOrdes Creativos.

(Vía: o Twitter de Mutante Creativo)

Advertisements

Bathroom Graffiti Project


Molde de flor no baño de cabaleiros do Pub O Patachim (A Coruña)

Este blogue vai de arte urbana, de arte nas rúas, mais de vez en cando farei algunha excepción para amosar outros recunchos onde os artistas deixan as súas pegadas fóra das rúas.

Un deses sitios onde sempre se poden atopar pequenas (ou grandes) mostras de arte son os cuartos de baño e os aseos de locais públicos (maioritariamente pubs e discotecas). Antes, despois ou durante do chamado “descanso do guerreiro” e axudado polos efluvios alcohólicos e a noite, o artista deixa a súa sinatura (alén de parte del).

O máis común son as expresión escritas, mais por común eu non lles vou prestar moita atención. Tamén podemos atopar pegatinas, debuxos a rotulador e máis raramente cousas con spray ou outras formas. Inda que a maioría soen ser sinxelos (a cola sempre manda) podemos atopar cousas realmente elaboradas.

Sei que moitos estades ó tanto deste tipo de traballo, pero que tampouco é para tanto nin para adicarlle tempo algún. Por iso traio aquí o Bathroom Graffiti Project, un proxecto que invita a xente de todo o mundo a engadir calquera mostra de graffiti de baño que atopen. Como eles mesmos din, as pintadas nos baños son “un medio de comunicación que nin China pode censurar” [ler o manifesto]. Inda que o Bathroom Graffiti Project rematou fai algún tempo como tal a xente non deixa de sumar os seus achádegos [aquí podedes ver os meus].

Os artistas urbanos nunca descansan e aproveitan calquera espazo, calquera curruncho (por pequeno ou imposíbel que poida parecer) para deixar a súa marca.

E agora vén a pregunta: Onde se atopan as mellores pintadas, no baño de cabaleiros ou no de señoras?