Category: Outros

Já está aqui o DesOrdes Creativas!

12036955_1651384938435781_5285129144745292693_n

Do 5 ao 11 de outubro celebra-se em Ordes o 8º Festival Internacional de Arte na Rúa DesOrdes Creativas com o seguinte plantel: Doa (Galiza), Ino (Grécia), Malakkai (Espanha), Sabek (Espanha) e Spok (Espanha). De lujo!!

Advertisements

Los hongos (Óscar Ruíz Navia, 2014)

Los_hongos

O outro dia fui ver este filme a Numax. Los hongos é um mural de temáticas e personagens, como os que fazem os protagonistas. Está ambientado em Cali, Colómbia, e desde os ollos de Ras e Calvin imos conhecendo pessoas, situações, realidades… Como em um mural de graffiti, há muitos temas, nenhum em profundidade mas sem eles a obra não estaria completa. O desemprego juvenil e os objetivos vitais, a migração interna e a pobreza, o cancro, o divorcio, a velhice, a universidade, o amor, o sexo, a violência, a amizade, a política, a religião, a subcultura, a corrupção… e o graffiti. Por isso está este filme aqui. Ras é despedido do seu trabalho de albanel por roubar pintura para os seus graffitis. Junto com o seu amigo Calvin, estudante de belas artes, desenha um graffiti inspirado pela revolução egípcia que fará parte de um mural coletivo.

Um filme recomendado que cheira a espírito juvenil mais com os pés na terra.

No interior do post um par de imagens dos graffitis que aperecem.

Seguir lendo

Tamén hai que mirar detrás dos muros

P1030253

Safary e Nómada son dous artistas con moita actividade nos últimos meses en Compostela, fixo que tedes visto algún dos seus peixes ou árbores por aí adiante.
Estes que vos traio aquí están nun valado de publicidade que puxo o bipartito en Xoan XXIII, a carón da biblioteca pública Ánxel Casal.

No interior a galería completa. Seguir lendo

Compostela supura arte

A arte en Compostela non só está na chuvia (moi escasa este ano) e nas pedras, tamén está nas paredes e calquera outra superficie na que se poida debuxar.

A escollida neste ocasión foron as láminas de fimapán que usan nas obras de restauración dun pazo da Rúa Casas Reais. Tres ou catro artistas adicáronse durante as últimas semanas a aumentar este museo de rúa. Temas animais, surrealistas, retratos (recordan no estilo ós de Pedro Matos), folclore pop… A maioría con xiz ou rotulador. Se a obra segue fixo que a colección aumenta.

E dentro a galería completa e con detalles. Seguir lendo

Búscase dono para gatiños

O outro día o administrador de blogaliza (o servizo de blogues de balde onde se aloxa SCQ Street Art) deixaba un comentario non que ligaba con Google Maps a esta parede que vedes na imaxe, na Rúa da Quintela (Vigo).

A verdade que os gatos parécense bastante ós que fixo Sam 3 en Porto e en Santiago de Compostela, así que directamente pregunteille se os fixera na viaxe de verán.

E isto foi o que me respondeu Sam 3:

no estuve en vigo este verano…
me temo que mis gatos estan peor dibujados, 🙂
ciao

Así que hai que seguir buscando dono para estes gatiños. Alguén sabe algo?

The Street Art Stencil Book

Fai un par de semanas foi o meu cumpreanos e os meus amigos viaxeiros regaláronme este xenial libro.

The Street Art Stencil Book é un mostra de moldes creados ex professo para o libro por algúns dos artistas máis famosos do mundo do street-art (Aiko, Alexandre Orion, Btoy, Bandit, Ben Frost, Blek Le Rat, Borf, C215, D*face, Eelus, Eine, Hush, Jef Aérosol, Logan Hicks, M-City, Mantis, Nick Walker, Paul Insect, Pure Evil e XOOOOX). O que fai diferente e especial este libro respecto de outros da mesma temática é que este inclúe reproducións recortadas con láser dos moldes cos que se fixeron os orixinais (incluso podes retiralos de forma sinxela do libro e probar a facelos ti mesmo).

Un libro moi recoméndabel, tanto polo arte que contén como a particular edición.

Detalle do interior (imaxe do blogue Stencil History X)

Título: The Street Art Stencil Book (Curated by On Studio)
Editorial: Laurence King Publishing Ltd
Idioma: Inglés
Encadernación: Paperback
Formato: 25,3 x 24,8 cm
Páxinas: 90